Un ano máis, o Día internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo poñen en marcha, Enlaza Vigo 2015, un conxunto de accións dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.
Nesta quinta edición, o lema elixido é Somos quen de deter a violencia de xénero co co obxecto de previla, recoñecela, e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos.
Así, as diferentes manifestacións desta ciberviolencia abordaranse nas distintas accións de enlaza Vigo coa participación activa do alumnado e do profesorado de secundaria, así como dos diversos colectivos implicados.
Sen comentarios