Menu
2015

Vigo berra contra as violencias machistas

A rúa Urzáiz enchéuse con 2000 estudantes de secundaria e toda a cidadanía que quixo achegarse para berrar contra as violencias machistas nun acto convocado polo Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller.

No entorno das 12:00 todas e todos os participantes conformaron o tapiz humano “EnlazaVigo 2015”, dando lectura Raquel Doval ao manifesto do Consello Municipal da Muller (acceder) e o Sr Alcalde, Abel Caballero, lembrando o compromiso do Concello de Vigo contra as violencias machistas e dando pe a un solemne minuto de silencio.

O alumnado dos 30 centros asistentes ao evento EnlazaVigo 2015 poideron contemplar na rúa Príncipe a exposición colectiva e a exposición itinerante “Violencia sexual na xuventude” (premer para solicitala).
Tamén poideron retratarse no Photocall (acceder) e participar nas diversas actividades lúdicas programadas. A reportaxe fotográfica do evento pódese consultar no seguinte enlace.

Sen comentarios

    Deixe unha resposta