Menu

PROPOSTAS E CALENDARIO

As propostas que se realizan de seguido teñen como obxecto proporcionar recursos educativos no seo da programación do centro co gallo do 25 de novembro Dia internacional da eliminación da violencia contra as mulleres Ao igual que en edicións anteriores, e dado o contido proposto vai dirixida preferentemente ao alumnado de 3 º e 4 º da ESO, BAC e ciclos de FP.

Tamén se propoñen actividades que formarán parte das accións de sensibilización que o Concello de Vigo prevé realizar o propio día 25 de novembro no Auditorio Mar de Vigo.

1. ACTIVIDADES E ACCIÓNS PROPOSTAS

• DINÁMICAS NA AULA Sobre a base do material que se achega ou dos recursos na rede, esta guía propón ao profesorado desenvolver na aula algunha das actividades propostas.
• FORMACIÓN PRESENCIAL PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA SEXUAL (para inscribirse ATA 21 DE OUTUBRO Sesión formativa presencial no propio centro (de luns a venres cunha duración de
50 minutos A adxudicación será por orde de chegada das solicitudes e terá lugar entre o 17 de
outubro e o 30 de novembro (agás o 31 de outubro e o 24 e 25 de novembro).
• SOLICITUDE DE EXPOSICIÓN ITINERANTE (para inscribirse ATA 21 DE OUTUBRO Para escoller
entre as exposicións 1 A violencia sexual na mocidade ou 2 A escala da violencia na adolescencia” A exposición solicitada estará no voso centro de luns a venres no período comprendido entre o 17 de outubro e o 2 de decembro agás na semana do 25 N A adxudicación será por orde de chegada das solicitudes.

2. EVENTO CENTRAL NO AUDITORIO MAR DE VIGO “FEIRA EDUCATIVA” (venres 25 de novembro)

PARTICIPACIÓN DO CENTRO NA FEIRA EDUCATIVA COA COLOCACIÓN DUN ESPAZO EXPOSITIVO(para inscribirse ATA 21 DE OUTUBRO). 

Neste apartado participarán como máximo 12 centros.

Visibilizaráse o traballo realizado nos centros de ensino, no marco da sensibilización, a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero. Os centros participantes coordinarán coa organización os recursos necesarios e a dinámica a seguir no espazo expositivo.

Ficha explicativa sobre as exposición itinerantes ofertadas (arquivo .pdf)

  • PARTICIPACIÓN NO EVENTO QUE TERÁ LUGAR NO AUDITORIO MAR DE VIGO*  (25 novembro, 10:15 –12:30) (para inscribirse ATA 21 DE OUTUBRO)
  • 10:15 –11:30 Visita á feiraeducativa no vestíbulo  do Mar de Vigo, con participación en actividades lúdicas, informativas e dinámicas participativas.

    11:30 –12:30 Acto central no Auditorio do Mar de Vigo

    *Dada a capacidade limitada  do auditorio, cubrirase a participación neste evento por rigorosa orde de inscrición e outorgaranse as prazas de maneira equitativa entre os centros solicitantes.

    PARA PARTICIPAR CUBRIDE A FICHA QUE SE ACHEGA ANTES DO 21 OUTUBRO
    Máis info: Secretaría Técnica | 631 179 252 | enlazavigo@gmail.com

    Ficha de participación (arquivo .pdf)