Menu

RECURSOS

[vc_row][vc_column][vc_custom_heading text=”Exposición “A violencia sexual na mocidade. Infórmate!”” font_container=”tag:h3|text_align:left|color:%23744d8e” use_theme_fonts=”yes”][vc_column_text]Exposición que a Concellería de Igualdade porá a disposición de todos os centros de ensino da cidade neste curso escolar. Consta de 10 paneis informativos que abordan que é a violencia sexual, tipos, as súas consecuencias, como pode axudar o grupo de iguais á persoa agredida e claves para unha convivencia en respecto, liberdade e igualdade.

Esta exposición itinerante está realizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo no marco do Programa Irene (programa de información, formación e prevención de violencia sexual na mocidade) a través dun convenio de colaboración asinado co Instituto da Muller e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

No mes de outubro de 2015 os centros recibirán un dossier explicativo coas indicacións necesarias para solicitar a cesión temporal da exposición. Esta información tamén estará dispoñible na web www.igualdadevigo.org

 

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]