Co gallo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo volven poñer en marcha a iniciativa Enlaza Vigo, para reflectir o compromiso real do conxunto da cidadanía no combate do terrorismo machista.
O pasado ano foi a través dunha gran cadea humana, e este ano será mediante a formación dun gran tapiz humano, o xeito como a cidadanía de Vigo condenará na rúa a violencia de xénero e cantas actitudes e comportamentos machistas encerra.
A participación cidadá na cadea humana do pasado ano foi multitudinaria, moi por enriba das nosas mellores previsións. A isto contribuíu decisivamente a presenza das alumnas e alumnos de centros de ensino secundario da cidade, así coma implicación de entidades e colectivos de todo tipo.
Nesta edición de 2012, Enlaza Vigo desenvolverá diversas accións, como a creación dun tapiz humano na rúa (venres, 23 de novembro) e unha exposición colectiva realizada pola comunidade escolar. Con elas expresaremos o berro unánime de rexeitamento fronte á violencia de xénero e as tráxicas consecuencias que ocasionan as actitudes machistas. Todas estas actividades estarán coordinadas por un equipo de profesionais vinculados á animación infantil e xuvenil.
Ademais disto, Enlaza Vigo conta coa figura do “Enlace”, persoas con capacidade de prescrición dos ámbitos da cultura, o deporte, a política, a docencia, os medios de comunicación, as redes sociais… que non so participan nas actividades previstas, senón que contribúen de xeito activo á concienciación social fronte á lacra do terrorismo machista.
Enlaza Vigo é, en suma, unha iniciativa para promover a reacción cidadá contra a violencia de xénero. Por iso, facemos un chamamento cívicopara que de novo participen nesta edición centros de ensino, asociacións de mulleres, sindicatos, asociacións veciñais, sociedades culturais, centros cívicos, centros sociais, clubes deportivos, colectivos empresariais, institucións públicas, etc.

Source: 2011-2013
Sen comentarios