Menu
2012

Pleno específico do Consello Municipal da Muller de Vigo con gallo do Día Internacional da Muller

O Salón de Plenos do Concello de Vigo acolleu está mañá un Pleno do Consello Municipal da Muller con gallo do Día Internacional das Mulleres

No pleno estiveron presentes todas as asociacións que constitúen o Consello. Dez, foron as entidades que interviron para expoñer as súas propostas para facer de Vigo unha cidade máis igualitaria. O pleno estivo presidido pola concelleira de Igualdade, Chus Lago Rey, acompañada de Iolanda Veloso Ríos e Mª Xosé Porteiro García, responsables da área de Muller ou Igualdade en anteriores gobernos municipais.

Chus Lago manifestou no decurso do pleno que “tal vez pareza innecesario lembrar por qué estamos aquí celebrando este acto institucional porque o 8 de marzo xa é unha efeméride absolutamente coñecida e recoñecida como Día internacional da muller, que empezou estando adicado ás mulleres traballadoras e que xa, por extensión, inclúe a tódalas mulleres de tódalas condicións e de calquera lugar do mundo. Pero coido que procede lembrar que neste ano 2012, a conmemoración foi adicada a “Habilitar as mulleres campesiñas para rematar coa fame e coa pobreza”. Son, probablemente, as máis vulnerables. As máis descoñecidas. As máis invisibilizadas.”

Source: 2011-2013

Sen comentarios

    Deixe unha resposta