Menu
2011

Un día que non debería de existir


Colaboración de Amalia Mosquera, xornalista.

25 de  novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Non me gusta  festexar este día. Oxalá non existira. Oxalá deixara de ser necesario. Pero é, e  moito. 53 mortas no 2011 porque os seus asesinos din estar namorados delas e non permiten que elas xa non lles queiran. Tan espantoso como sona. No 2010  foron 78. No 2009 houbo outras, no 2008… E outras moitas, sempre demasiadas,  non morreron, pero sofriron anos de menosprezos, de malos tratos físicos e  síquicos. Día a día.
Hoxe non quero seguir mirando atrás, senón adiante, a un futuro branco, non negro. A educación é vital. Niso estamos todas, todos os cidadáns, mulleres e homes, institucións, leis. Xa non calamos cando oímos berros trala porta. Ao remate sabemos que é un problema de todos. E así conseguiremos que este día desapareza. Oxalá. 


Source: 2011-2013

Sen comentarios

    Deixe unha resposta