Menu
2011

Centros educativos e organizacións sociais confirman a súa asistencia á cadea humana contra a Violencia de Xénero

Pódese ler a Newsletter neste enlace
Máis dun millar de persoas teñen confirmado xa a súa asistencia á cadea humana contra a violencia machista que se desenvolverá en Vigo o vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Destacan entre elas o alumnado de numerosos centros de ensino da cidade, tanto IES como colexios concertados.
A dúas semanas da celebración desta iniciativa do Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade de Vigo, que ten por obxecto visibilizar a repulsa cidadá contra o machismo e as tráxicas consecuencias da violencia machista, a iniciativa Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero obtivo unha gran repercusión nas redes sociais e está a divulgarse en toda a cidade mediante mupis e soportes electrónicos na rúa, autobuses urbanos, etc.
Na organización na rúa da cadea humana participará a Oficina Municipal do Voluntariado. A función dos voluntarios e voluntarias será a de acompañar os diferentes grupos participantes e asignarlles un lugar no percorrido da cadea.
Estas e outras novas relacionadas coa organización da cadea humana pódense ler no número 2 da Newsletter de Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero.

Source: 2011-2013

Sen comentarios

    Deixe unha resposta