Pódese ler a Newsletter neste enlace. |
Na primeira semana tras a presentación da iniciativa para formar unha gran cadea humana contra a Violencia de Xénero en Vigo, o vindeiro día 25 de Novembro, EnlazaVigo conta xa con máis de 500 amizades e seguementos nas redes sociais Facebook e Twitter. Ademais, o blog da campaña www.enlazavigo.com tivo máis de 2.000 visitas.
Artistas como Mercedes Peón, Patricia Moon, Nicolás Pastoriza ou Silvia Superstar; escritoras e escritores como Marga do Val, Manuel Bragado, María do Carme Krukemberg ou Fran Alonso; xornalistas como María Rey, Xabier Fortes ou Ana Guantes; deportistas como Deborah Rodríguez ou equipos como o R.C. Celta, entre outras moitas persoas de todos os ámbitos, teñen expresado o seu compromiso con esta iniciativa, e xa anunciaron que se van enlazar contra a Violencia de Xénero.
Estas e outras noticias están dispoñibles no primeiro número da Newsletter sobre a iniciativa “Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero”, na que se fai un repaso da marcha da campaña organizada polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo.
Source: 2011-2013
Sen comentarios