Menu
2011

Qué é violencia contra as mulleres segundo a ONU

“Entenderase que a violencia contra a muller abrangue os seguintes actos, aínda que sen se limitar a eles:

a) A violencia física, sexual, sicolóxica que se produza na familia, incluídos os malos tratos, o abuso sexual das nenas no fogar, a violencia relacionada coa dote, a violación polo marido, a mutilación xenital feminina e outras prácticas tradicionais nocivas para a muller, os actos de violencia perpetrados por outros membros da familia e a violencia relacionada coa explotación;

b) A violencia física, sexual e sicolóxica perpetrada dentro da comunidade en xeral, incluída a violación, o abuso sexual, o acoso e a intimidación sexuais no traballo, en institucións educacionais e noutros lugares, a trata de mulleres e a prostitución forzada;

c) A violencia física, sexual e sicolóxica perpetrada e tolerada polo Estado, onde queira que ocorra.”

Artículo 2. “Declaración sobre a eliminación da violencia contra as mulleres”. Resolución da Asamblea Xeral das Nacións Unidas 48/104 do 20 de decembro de 1993

Source: 2011-2013

Sen comentarios

    Deixe unha resposta