Estamos a sufrir unha semana negra para a Violencia de Xénero polo asesinato de tres mulleres a mans das súas parellas ou exparellas en Vigo, Lanzarote e Avilés. Nun prazo de 72 horas, a Violencia Machista cobrouse tres novas vítimas.
Os tres asesinos están detidos pero cando se producen comportamentos violentos, agresivos e abusivos contra as mulleres non podemos pechar os ollos. Existe unha responsabilidade social no delito de violencia contra as mulleres? A resposta é que si, como existe e xa quedou demostrada, unha responsabilidade de colaboración cidadá para a loita contra outros tipos de delincuencia.
É importantísimo que a sociedade saiba que a violencia contra as mulleres é un delito público. Non é un conflicto privado entre dúas persoas. Polo tanto, a sociedade, a través dos mecanismos dispostos pola lei, ten a responsabilidade de loitar contra ese delito. A resposabilidade social indícanos que nos casos de violencia contra as mulleres a protección da vítima debe estar por enriba de calquera outra consideración. Hai que avisar inmediatamente. E se mañá está morta?
Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero. Eu voume enlazar, ¿e ti?
Source: 2011-2013
Sen comentarios