Unha vez pechado o proceso de inscrición en EnlazaVigo 2016, campaña de conmemoración do 25 de novembro como Día Internacional contra a Violencia de Xénero na cidade de Vigo, un total de 41 centros de secundaria confirmaron a súa participación tanto na exposición como no acto de rúa previsto.
Como en edicións anteriores, as pancartas realizadas polo alumnado dos centros participantes serán expostas na rúa do Príncipe para amosar os traballos realizados sobre os Mitos do amor romántico, tema sobre o que xira o programa de EnlazaVigo 2016. A exposición poderase visitar desde o día 20 ao 25 de novembro, de xeito ininterrumpido, de 10:00h a 20:00h.
O número de inscricións para o tapiz humano que se realizará na rúa Urzáiz o día 25 de novembro supera o de todas as edicións anteriores, chegando a 2.186 participantes.
EnlazaVigo é unha iniciativa da Concellería de Igualdade de Vigo, en colaboración co Consello Municipal da Muller, dirixida a esixir a todos os poderes públicos e á sociedade en xeral un compromiso real e unha implicación decidida para combater o terrorismo machista.
Enlaza Vigo. Carta a los centros
Sen comentarios