MANIFESTO 25N – CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER
“ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”
A violencia machista manifestase de moitas formas, todas elas de forma estrutural nun sistema patriarcal que ten base nas distintas realidades sociais como os centros de estudo, os de traballo, as distintas formas de lecer e tempo libre, nas relacións persoais e afectivas.
Nestes anos avanzamos contra a eliminación da mesma, non obstante queda moito por facer. É por iso que hoxe, 25 de novembro, é unha data de reivindicación e concienciación.
A última expresión da violencia machista son os asasinatos, por iso dende a base, no noso contorno máis preto é preciso que mudemos as cousas. A concienciación, a prevención e a visibilidade de todos aqueles comportamentos constituíntes de agresións machistas e que aínda están socialmente aceptadas, son cuestións fundamentais para a erradicación da mesma, é por iso que son piares esenciais o ámbito do ensino e a concienciación da mocidade. Os últimos estudos reflicten que a violencia de xénero esténdese entre a poboación máis nova, sendo máis do 80% as mozas de entre 14 e 19 anos que afirman coñecer casos de violencia no seu contorno máis preto.
Non todas as formas de violencia de xénero teñen o mesmo rexeitamento entre a xuventude. Máis do 90% da mocidade rexeita a violencia física, sexual ou verbal. Pola contra, a unanimidade desaparece cando falamos da violencia de control. Un tipo de violencia moi estendida nas relacións de parella dos adolescentes e xoves, que en moitos casos articúlanse o redor de mecanismos de posesividade.
As novas tecnoloxías e as redes sociais son hoxe factores de violencia de xénero en parellas xoves. O seu mal uso produce condutas frecuentes como a difusión de comentarios ofensivos, fotografías ou vídeos íntimos e a violación da privacidade da parella. Moitos xoves non identifican este tipo de comportamentos como maltrato. A violencia de control e psicolóxica é a primeira sinal de alarma.
Leer manifiesto completo (.pdf)
Sen comentarios