[vc_row][vc_column][vc_column_text]Programa de Actividades
a. Actividades na aula.
- Expresión artística. Elaboración de lona por parte do alumnado do centro alusiva ao lema de EnlazaVigo 2017
- Microvídeos. Elaboración de microvídeos por parte do alumnado do centro alusivo ao lema de EnlazaVigo 2017. Poderanse presentar ata 5 microvídeos por centro.
b. Actividades na rúa (15-26 novembro)
- Exposición na rúa Príncipe entre os días 15 e 26 de novembro. Presentaranse os traballos de expresión artística e os microvideos elaborados polos centros educativos, así como estará dispoñible unha carpa de atención a público para informar sobre as actuacións realizadas pola Concellería de Igualdade en relación coa prevención da violencia de xénero.
- Acto central na rúa Urzáiz, que terá lugar o venres 24 de novembro. No mesmo convocaranse a máis de 2000 escolares de secundaria a participar nas actividades informativas e de sensibilización (proxección dos microvídeos no Marco, visita á exposición colectiva da rúa Príncipe, visita á exposición “A violencia sexual na xuventude. Informate!”, etc). Tamén haberá unha programación de actividades xuvenís complementaria.
O momento central do acto terá lugar as 12:00 coa presenza de representantes da corporación local presididos polo Alcalde de Vigo, así como representantes do Consello Municipal da Muller. Neste momento realizarase un xesto de solidariedade con todas as vítimas da violencia de xénero.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]